V Premio Diario Cultural de Teatro Radio
V Premio Diario Cultural de Teatro Radio


EAN: 9788499142357
Editorial:
Materia(s): Obras de teatro, textos teatrales , Guiones de radio
Sin stock, disponible bajo pedido
Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vº Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” da Radio Galega pola súa obra Paraísos acadando tanto o Premio do Xurado como o Premio da Audiencia.

O xurado, formado por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa M. Sotelo, dramaturga e gañadora da IV edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Ana Rosales, responsable de comunicación de AGADIC; e Ana Romaní e Anxo Quintela, directora e redactor do Diario Cultural da Radio Galega, acordou concederlle o premio á obra titulada Paraísos.


O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das tres obras finalistas “Como eliminar as manchas de vómito” de Eva Freixeira Ferreira, “Carne de canón” de Rebeca Montero Martínez e “Señora Carme” de Manuel Román.